Identificación do titular do sitio web

Este sitio web foi creado e é mantido por Captioma Galicia S,L., para O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (en adiante CPEIG ou o Colexio), corporación de Dereito Público creada pola Lei 10/2006, de 1 de decembro, e que se regula polos seus Estatutos, aprobados polo decreto 100/2016, do 7 de xullo. 

De conformidade co establecido na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, infórmase de que o CIF do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia é Q-1500325-D, que o domicilio postal é Rúa Fernando III O Santo 13-1ªA, C.P. 15.701 de Santiago de Compostela, A Coruña, o teléfono de contacto é 981 592 773 e a dirección de correo electrónico secretaria@cpeig.gal, e que o CIF de Captioma Galicia, S.L. e o B32482598, que o domicilio desta e Rúa Teluro 2, 32004 Ourense, o teléfono de contacto é 988982434 e a dirección de correo electrónico é captioma@captioma.gal.

Este sitio web ten como obxectivo informar sobre o proxecto argallando.gal, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e polo CPEIG.

Condicións de uso da web

O acceso ó sitio web implica a aceptación das condicións contidas no presente aviso, polo que, no caso de non estar conforme con algunha destas condicións, deberase cesar no uso do presente sitio web.

O uso do sitio web, como dos servizos que se ofrecen, son en principio de carácter gratuíto.

Acceso o sitio web

Este sitio web está formado por unha parte pública e unha parte privada. A parte pública do sitio web é libre, gratuíta e non require que o visitante (ou usuario) facilite ningunha información sobre si mesmo. Non obstante, o acceso ao reto, a remisión de candidaturas ou a  parte privada da web está restrinxido únicamente ás persoas autorizadas.

Todo usuario ten obriga de usar a web de forma dilixente e correcta, polo tanto o usuario comprométese a non utilizar a web nin os servizos ofertados para a realización de actividades contrarias ás leis, á moral, á orde pública establecida, con fins ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros; e, en xeral, a facer un uso conforme ás presentes condicións xerais.

Do mesmo xeito, obrígase a non realizar a través dos servizos actividades publicitarias ou de explotación comercial e a non remitir mensaxes utilizando unha identidade falsa, así como a non ocultar de xeito algún a orixe da mensaxe.

Funcionamento, Contido e Exención da Responsabilidade

Os contidos incorporados ó sitio web foron elaborados, en todo momento, de boa fe, co propósito de dar información ós usuarios, polo que nin Captioma Galicia, S.L nin o CPEIG asumen ningún tipo de responsabilidade respecto á integridade ou exactitude da citada información, nin garante a exactitude, nin a posta ó día desa información, a cal poderá ser modificada sen previo aviso. Tampouco se responsabiliza dos eventuais errores tipográficos, formais ou numéricos que poida conter o sitio web.

Este sitio web ten ligazóns e conexións con outros sitios web, sen que por isto ni Captioma Galicia S.L. nin o Colexio poidan responder da calidade, exactitude e veracidade dos contidos das mesmas, polo que non se fai responsable de calquera perda, directa ou indirecta, consecuencia das decisións adoptadas en base á información dispoñible nos citados sitios web.

A presenza destes enlaces no sitio web  ten unha finalidade informativa, non constituíndo en ningún caso unha invitación ou recomendación á contratación de produtos ou servizos que se ofrezan no sitio web destino e en ningún caso implican o apoio ás persoas ou entidades autoras de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopan. Deste xeito, nin Captioma Galicia, S.L nin o Colexio se responsabilizan do contido e dispoñibilidade dos sitios web ós que enlaza fora da súa páxina, de danos ou perdas que poidan xurdir pola conexión, polo uso do contido, produto ou servizo dispoñibles nos sitios web ós que se dirixen os enlaces.

Tanto o Colexio coma Captioma Galicia, S.L. resérvanse o dereito de realizar en todo momento e sen necesidade de previo aviso ós usuarios do portal, as actualizacións e modificacións que considere oportunas, tanto na información contida como na estrutura ou das condicións de acceso ó sitio web. Por isto, nin Captioma Galicia S.L. nin o Colexio se fan responsables de perdas, directa ou indirectas, consecuencia de decisións adoptadas en base á información dispoñible no sitio web.

Do mesmo xeito, nin Captioma Galicia, S.L. nin o CPEIG se fan responsables dos posibles erros de comunicación, non podendo garantir o funcionamento continuo e a dispoñibilidade de acceso ó sitio web. 

Dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial

Tanto o deseño do sitio web, o seu código fonte, logos marcas e outros signos distintivos que aparecen no mesmo son susceptibles de uso industrial e comercial, e pertencen ó Colexio, a Captioma Galicia, S.L., á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia ou ás entidades colaboradoras, e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga queda totalmente prohibida salvo expresa autorización por escrito de algunha das entidades mencionadas anteriormente.

Os contidos do sitio web están igualmente protexidos polos dereitos de propiedade intelectual destas entidades ou de terceiros. O uso destes contidos será permitido unicamente cando exista unha autorización previa e por escrito a tales efectos.

O CPEIG declara o seu respecto ós dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este sitio poida estar violando os seus dereitos, pregamos se poña en contacto co Colexio mediante o correo electrónico informacion@cpeig.gal

Lexislación aplicable

A lexislación aplicable é a española. Se houbese calquera tipo de controversia co sitio web, as partes, con renuncia expresa ó foro que puidera corresponderlles, someteranse ó foro dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, A Coruña.