A tecnoloxía acompáñanos en case todas as tarefas que facemos a diario. Utilizámola para aprender, socializar ou divertirnos. Pero… e se a usamos para crear e descubrir? Podería servirnos de ferramenta para dixitalizar a nosa historia ou vela dende outro punto de vista? Seriamos capaces de indagar e comunicar de forma atractiva as nosas tradicións? E se conseguimos fusionar a cultura máis ancestral coa tecnoloxía máis vangardista?
Reune un equipo de entre 2 e 5 integrantes e dádelle ao coco para argallar algo innovador. Os mellores proxectos teñen premio!
Investigade, pensade en aspectos da cultura, a historia, a mitoloxía, as lendas da nosa terra. Seguramente hai moitos elementos que vos chamen especialmente a atención.
Non vos cortedes! Pensade de que xeito podemos mesturar o pasado máis ancestral coas tecnoloxías máis actuáis ou incluso futuristas. Dentro desta proposta caben moitas cousas... Sen medo, sorprendédenos!
Comunicádevos, colaborade e axudádevos entre vos. Seguro que dentro do voso grupo hai distintos perfís, con talentos e gustos diversos. Desfrutade do proceso e pasádeo ben!
Non teñen por que ser inventos excesivamente complexos, nin despregues técnicos difíciles de conseguir. Aproveitade o que tendes nas CeMIT, na escola, na casa... Ás veces o máis simple é o mellor.
Compartide co mundo as vosas creacións. Que servan para divulgar, para aprender e ensinar. Xerade impacto e influíde presentando a nosa cultura dende outro punto de vista.
O xurado designado pola organización avaliará a totalidade dos proxectos e decidirá aos seleccionados como premiados nas seguintes categorías
Aquel proxecto que, con carácter global, destaque sobre os demais polo seu enfoque, nivel de execución e creatividade.
Aquel proxecto ou proxectos que empreguen a tecnoloxía como eixo principal dunha forma especialmente interesante ou que sobresaian pola súa complexidade técnica.
Aquel proxecto ou proxectos que resulten da colaboración interxeracional entre participantes de idades moi diferentes e que pertenzan a diferentes xeracións (por exemplo pais e fillos, avós e netos, irmáns, familiares, profesores e discentes, etc.).
Aquel proxecto ou proxectos que, ben polos seus contidos, ben pola súa presentación, logren transmitir dun xeito máis atractivo e didáctico algún elemento da cultura galega.
Aquel proxecto ou proxectos que consigan sorprender por exceder o inimaxinable.
Un conxunto de material ocio-educativo, tecnolóxico e cultural composto por:
Un conxunto de material ocio-educativo, tecnolóxico e cultural composto por:
Aquí podedes descargar algúns proxectos base dos que poderedes partir para convertivos en auténticos argalleiros.
Podedes usalos como base, e dicir, comezar por eles e darlle o voso propio toque imaxinativo, transformalos ou adaptalos á vosa idea. Ou podedes idear algo totalmente diferente.
Política de privacidade
© 2024. Todos os dereitos reservados